Inauguración da exposición "A Galicia do Galicia (1922 - 1926)"
Onde: Sede da Coruña da Fundación Barrié
Data: 2 de maio de 2012, 12:30
Organiza: Fundación Barrié
«A Galicia do Galicia (1922-1926)» é o título da mostra, que quere «ser unha homenaxe a unha das cabeceiras máis modernas da historia xornalística de Galicia e ao seu director, Paz Andrade»
Na inauguración contarase coa presenza de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié; de Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega; de Alfonso Paz Andrade, fillo do homenaxeado, e de Xosé Luís Axeitos, comisario da exposición. Na súa maior parte está formada por debuxos, carteis, documentos, publicacións, cartas, obxectos persoais, fotografías, caricaturas, inéditos e exemplares orixinais do diario.
Permanecerá aberta do 2 de maio ao 1 de xullo de 2012
Entrada libre