Presentación de "Pranto Matricial na voz do seu autor, Valentín Paz-Andrade"
Onde: Auditorio de RIanxo
Data: 12 de xullo de 2012. 20:30h
Organiza: Consello da Cultura Galega
O Auditorio de Rianxo acolle o vindeiro xoves 12 de xullo a presentación da edición especial que realizou o Consello da Cultura Galega do poemario Pranto matricial de Valentín Paz-Andrade. A edición fai parte da colección As nosas voces e inclúe unha gravación coa voz do autor a recitar os seus versos. Na presentación estarán presentes Afonso Vázquez Monxardín, secretario do Arquivo Sonoro do CCG, Miguel Anxo Seixas Seoane, da Fundación Castelao, Afonso Paz-Andrade, fillo do autor, Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo e o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares Paz. No acto haberá tamén un recitado de poemas do homenaxeado.