Nas verbas de Paz-Andrade
Autor: Manolo do Río
Data de publicación: 2012, abril, 29
Medio: ABC
O devalar dos días vainos levando cada vez máis perto do Día das Letras Galegas, no que no ano en curso celebraremos ao escritor, economista, empresario e político Valentín Paz Andrade. Comparándoo de boas a primeiras co galardoado do ano pasado, as diferenzas fanse manifestas: fronte ao poeta bohemio, underground e maldito Pereiro que conecta coa xuventude, os 80, a contracultura, Paz Andrade é unha homenaxe a unha traxectoria máis cara atrás que engloba a historia do século XX galego, e as conquistas non tanto literarias senón globalmente culturais. Dende ese punto de vista, poucos ou ningún poden acreditar unha folla de servizos máis gloriosa que a de Valentín Paz Andrade. Continúa lendo