Pranto matricial na voz do seu autor
Autor:
Data de publicación: 2012
ISBN: 978-84-92923-37-3
O Arquivo Sonoro de Galicia facilita a difusión dos seus fondos sonoros a través da edición dalgunhas das gravacións que considera de maior interese patrimonial e histórico. Neste caso o nº 23 da colección As nosas voces está adicada a Valentín Paz-Andrade.
A publicación inclúe unha reedición facsimilar do poemario editado en 1955, a presentación de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, o estudio preliminar de Alfonso Vázquez-Monxardín, secretario do Arquivo Sonoro de Galicia, e un CD coa gravación realizada polo propio Valentín Paz-Andrade nos estudos San Martín de Bos Aires durante a súa visita en 1957.
A restauración e tratamento do son a cargo de Bea Pérez.