A Isaac Díaz Pardo: prisión de Vigo, 26, San Xoán, 1957
Autor: Valentín Paz-Andrade
Data de publicación: 1999
En Valentín Paz-Andrade. SIPSA, Vigo, 1999, pp. 17-20
Querido Isaac;
Supoño que esta nova non será a primeira que chegue ao teu ouvido, con informes da miña situación presente. Dende o 21 pola tarde estou na cadea, c-unha perspeitiva de encerro por 30 días. Eiquí recibín o teu mensaxe aéreo. Non se trata de nada político, nin de nada criminal, aínda que veña vivindo estes dias, e durmindo, entre carteiristas, estafadores, vigaristas e demais profesionaes clasificados. Vos, os de reixas par-a-fóra, non tendes tanta sorte. Vivides antre profesionaes das mesmas artes, pero sin clasificar aínda.
Pubricóuse na Revista Industrias Pesqueras, xa fai 10 meses, unha gacetiña de 4 liñas, dando conta do cese d-un Comandante da Mariña, que fora deposto pol-o Ministro. Instruiron dilixencias e calificaron o feito de leve falta de ligera irrespetuosidad a unha Autoridad de Marina que xa non exercía o suposto agraviado. Fun requerido pra revelar ao autor mais non me prestéi a algo que , pequena ou grande, era unha delación. O 21, como Direitor responsable, notificóuseme antre dous da P. Armada que foran a buscarme ao domicilio, un arresto de 30 días. A mesma parella, sen respiro, deixoume choído n-esta esterqueira do crime.
Vigo veu n-estes días reaicionando c-unha emocionante vibrazón. Dende o Alcalde a donas descoñecidas, que envían ofrenas froraes, o curazón da xente síntese abalado pol-a dureza do trato empregado. Unha comisión das forzas vivas parece dispoñerse a facer unha xestión no Ferrol. Dubido. A forza pol-a forza é unha filosofía distinta da forza pol-a razón.
Teño seresnidade d-abondo pra apural-a dimensión da inxustiza. Se non fora pol-o compromiso de Buenos Aires ata prohibiría toda xestión. Con todo, o episodio desconcertou o mesmo esforzo, que xa ven decote ao límite. Javier tróuxome o traballo, que lin. Ten unha gran calidade científica. Indiqueille algo no tocante as concrusións, e prefiríu revisal-as. Penso que hoxe ou mañán se mandará.
Si podo faréi o que indicas na tua carta. Como desde as 10 da mañán ás 10 da noite non deixo de recibir xene, e teño dificultade par-o mensaxe das fontes, vai ser difícil que poida cubrir o valeiro. Víñame ben facel-o, porque aproveitaría a laboura documental pra unha ou duas conferenzas, das que penso dar. Mais, como ves, todo está no ar. Ainda non comuniquéi a outra banda o que pasa. Lembranzas á túa xente e a mellor aperta pra tí de Valentín.