Cunqueiro, o fabulador ambivalente
Autor: Valentín Paz-Andrade
Data de publicación: 1 de marzo de 1981
Medio: Faro de Vigo
Álvaro Cunqueiro deixa as Letras Galegas un valeiro que non se encherá en moito tempo, non somentes pola densidade e a calidade da súa obra, sinón polas novedades que introduxo na perspectiva das nosas letras, despois de que recibiran impulsos tan puxantes como os que lle deron Castelao, Cabanillas, Otero Pedrayo, Risco...
A singularidade da obra de Cunqueiro, sin desdeixar os seus valores poéticos e as súas calidades de cronista, está para min na súa capacidade de fabulador, de recreador de mitos clásicos que nel tuveron unha segunda versión, diferente da orixinal, pero enriquecedora do mito en si.
Este don somentes é concedido a certos elexidos con facultade de creación, de inventar vidas, de crear mundos, de superpoñer a nosa vida cotidian, unha vida fantástica que nos leva a contemplar outros mundos ideales que contemplan o noso. E decir, outros mundos sin os cales o noso non tería a dimensión que ten, o polo tanto se trata dunha actividade enriquecedora da vida a ialma dos que nesta vida xogan.
A obra de Cunqueiro queda truncada casi a medio facer. Faltalle aquel período de alta maturidade en que Alvaro sería realmente esplendorosa. A morte veu a segar no momento do seu apoxeo, no climax gloriosos o curso dunha vida fecunda par as letras de Galicia e que tamén enriquecéu a litreatura española do seu tempo. Esta ambivalenciatamen hai que tela en conta, porque poucas con esta bidimensionalidade se poden dar e polo menos conseguiron coallar coa brillantez e a gloria de Cunqueiro. Por desgracia, a desaparición de Álvaro sucédese a unha cadea de infortunios para as letras e para a cultura de Galicia. Quera Deus que seña por moito tempo a derradeira perda que sufrimos.