25 de xullo de 1930, unha xornada histórica
24/07/2012
Xantar de Barxa en Vigo. Sentados, na primeira fila Ramón Cabanillas, Paz-Andrade, Castelao, Fernández Mato e Miguel Bezares. En segundo término, García Martí, Arturo Noguerol, Anxel Casal e Luis Villaverde. Ao fondo do grupo, Gómez Román, Núñez Búa, Rodríguez Somoza, Bóveda, Cuevillas, Otero Pedrayo e Filgueira Valverde.
"A proximidade do 25 de xullo tiña de ser aproveitada. E foin-o en todo acanto a sua prosodia patriotica pudera dar de sí. Os balcóns da maioría das vivendas da cibdade apareceron embandeirados, con a diagonal azul sobre rectángulo branco. No concerto da Banda Municipal, na Alameda, somente se tocóu musica galega. O mesmo fixeron todal-as emisoras de radio e as orquestas dos cafés. Na mañán, para solemnizar civicamente o Día de Galiza, celebróuse un mítin no Teatro García Barbón. Era o de maior aforo. En canto ao acto, seria o primeiro na sua crás que no intertempo aquele se convocara en España.
A concurrencia foi a tope. A xente acudíu abalada pol-o anceio de escoitar algo novo, que lle fixera esquecer o monologo castrense e as “notas oficiosas”. Ramón Cabanillas tomóu asento na presidencia. Os oradores fomos Otero Pedrayo, Castelao e mais eu. O primeiro fixo a apoloxía da data patriótica. O segundo falóu do galeguismo no arte. A min tocóume a exposición da doctrina autonómica, a dialéctica dos nosos dereitos para sacudir o xugo do centralismo.
Pero o programa abranguía outro acto en Vigo o mesmo dia, que non sería menos expresivo. Consistíu n-un xantar de irmandade que se celebróu no Parque da Barxa. Sentaronse a nosa taboa mais de trescentos militantes e simpatizantes. Non todos de Vigo. Moitos do resto de Galiza.
Denantes dos discursos, leeuse un poema de Cabanillas, vibradoiro en acento pondalian. O poeta con Castelao, Otero, Gómez Román, García Martí, Fernández Mato, eu e algún máis sentámonos na taboa presidencial."
Valentín Paz-Andrade, a memoria do século