A Academia Brasileira das Letras 1974.
10/08/2012
Ao seguinte dia da miña chegada celebróuse a sesión na Academia Brasileira de Letras. Ainda a sede era a primitiva. Presidia Tristan de Athaid, despois reelexido no cargo. O salón, con asentos enescadaria, ocupabase por academicos e invitados. Entre os alleos a corporación atopabase Marcelo Caetano, exilado de Portugal despois da Revolución do 25 de abril.
Expusen, nun curto parlamento, a miña teoria da galecidade na obra de Guimarães Rosa. Advertin logo no auditoria certa sorpresa. Que foi confirmada no coloquio, pois o docto auditorio da existenci de Galiza e da beleza e riqueza do seu idioma sabía ben pouco. Cecais o único a resalvar de esta regoa fora Guilherme de Almeida, morto algúns anos denantes.
Por outra parte, o contacto con os académicos marcou outra conclusión. A necesidade de antepoñer ao livro xa en xestación o estudo que despois titularía “Prefacio, premisa, raiz...”. Aquela laboura non somente podia axudar a reconstitución do marco ambiental da figura. Proporcionóume tamben algunha documentacion basica.
Valentín Paz-Andrade, a memoria do século
Retransferencia de etnoformas
Na folla de abertura do Grande Sertao: Veredas, o narrador adianta en micro-flash a paisaxe de cabeceira. Ou si se quer algo máis. O back-ground antropolóxico e telúrico do romance, no maarco de un augaforte:
“Lugar sertão se divulga: e onde os pastos carecen de fechos, onde pode torar dez, quince leguas sen atopar con casa de morador e onde criminoso vive seu cristojesus arredado do arrocho da autoridade”.
Catro liñas abondan para condensar a temática da obra. Abocetan as paredes mestras da narraticón. Máis o esforzo non tardaría en recibir un retoque:
“O senhor sabe: sertão e onde manda quen e forte, con as astucias. Deus mesmo, cuando vier, que venha armado. E bala e un pedaciño de metal”
Val a pena reparar na lingua. Limiteime a trascreber. Nin tiréi, nin troquéi, nin interpoléi palavra. Quén podería decir de algunha que non sexa galega aos catro ventos?
O feito de que un escritor que se propoña tentar a repristinación da lingua non e pecadento. A repristinación vocabular e sintáctica restituinte de vigor e novidade, de expresividade. Pol-o contrario, debera acollerse como recurso lexítimo. Sempre. Moito máis cando o que se arrisca a semellante fazaña e un criador vocacional. Un superdotado para o hachado de valores novos, no arte da palabra, da oración, do estilo... E con folgo para os tirar das rixideces serodias a que chegaran na trilla tradicional.
Ao par de tan senlleira conquista, na obra de Guimarães Rosa e de tomar en conta outro aporte. O redescubrimento de elementos etnográficos asimilados. Aqueles que foron obxeto de transmisión de país a país encastrados na fala. Do proceso, no acugulo do mundo sertónico, atópanse convidativas amostras:
*Unha das máis escrarecedoras pode oferecerse na galeguísima capa de xuncos.No sertão e de outra freba vexetal: a folla da palmeira que burití se chama. Na terra de orixe da prenda leva o nome de coroza e palloza. Os mesmos de que Rosa, duplamente, fai emprego referíndose a vaqueiros:
“Uns vestían coroças ou pallozas, as capas de palla de buritií, vindas até os joenllos”
Algunha vez aforra unha vocal xorda no prieiro nome. Escribe croças e descrebe:
“Ben trançadas, trespasadas adiante e reforçadas por un cabeçañ ou “sobrepelliz”, sobre os ombros, tambén de palla de burití”
Quere decir, coroza co-a esclaviña de orixe eslavo típica dos peregriños a Compostela. Respondendo ao mesmo concepto nos diccionarios do portugués se non atopa a duplicidade de voces. Ademiten somentes unha. A primeira.
Compoñendo o rural indumento antifluvial veñen a xogo as galochas. Eiquí empregadas como sinónimo de zocos, e non de chancas, calzado máis ruo, sobreposto a outro, que é levián. A segunda ecepción e a máis acollida nos mesmos diccionarios.
*De sempre os dedos das maos , a maiores dos nomes propios, recibiron cognomes paródicos. O mesmo nas aldeias galegas. Furabolos para o índice; matapiollos para o polegar, mouminho para o pequeno... Rosa baraxa con familiaridade a pintoresca nominalia digitálica, recollida na mesma fonte, en xuntanza con cotovelo, tornocelo, etcétera.
*“Delmiro emprestaba fio e agulla, uma sovela”... Tratábase de coser o coiro dos arreios. Subliñamos a forma tan galega de empregar o verbo. Tamén a do sustantivo. Sovela nin siquera furóu os diccionarios do portugués como ferramenta usual do zapateiro.
*Non-o hai máis típico en caste de sustantivo galeguizante, que o pondaliano queixumes. Arrimado a pinos compón -según e ben sabido- o título da mellor colectánea de poesía do noso bardo Pondal. Ben rara presencia tiña na prosa portuguesa, o mesmo do centro como do sul do país. O xenial cordisburgués, tamén a zugóu na ubere serónica, restabelecendo a vixencia extragalega do fermoso vocábulo.
Tanta ela foi que chega a fala epistolar. En certa carta dirixida a Paulo Dantas atopámonos con unha fermosa aliteración de cinco vocábulos con terminación en amea perfecta, todos de fonte galega ben enxebre:
“Cume, nume, lume, vagalume sen queixume”
*No ambente das Primeiras Estorias ficóu pendurado “O Espello”. Rosa, descrebe o seu “lume frio”, d-este xeito:
“A alma do espello -anote a espléndida metáfora- Outros, alias, identificavan a alma con a sombra do corpo; e non lhe terá escapado a polarización luz-terra. Non se costumava tapar os espellos, ou voltal-os contar da parede cuando morre algún na casa”?
En aldeias e vilas da Galiza o mesmo costume tuvo vixencia no decorrer de séculos.
*Fragmento de A galecidade na obra de Guimães Rosa. Ed. do Castro 1978