As tres linguas marxinadas
31/07/2012
Con Paulo Rónai na Praza de Praterías Ca.1982
Tampouco temos d-esquecer, que a condición de vivencia sin oficial vixencia, non rixe somente prô galego. E de certo unha pauliña común as demais lenguas ibéricas, arregañadenes toleradas, pol-o sistema ultra-centralizado que dende fai séculos goberna.
Este reconocimento non debe esmoer os contronos d-outra realidade tanxible. A situación de feito antre os compoñentes do grupo, non e a misma que a situación potencial. Ao menos quantitativamente. Mentras os dominios do catalán e do éuskara esgótanse na fronteira vernácula, ou pouco mais alá, o contexto do galego-portugués no mesmo patrón non cabe. Non podía caber, dado que a nosa fala non é un instrumento restrinxido a comnicación entre galegos, ben sexan os afincados na terra ou os ciscados nas favorecidas pol-a emigración.
Somentes o idioma do Noroeste, ao par do castelán, ten auténtica e masiva proieución exterior. Nngunha xerarquía conta mais, na escada do valor social das linguas , que a capacidade de establecer relacións de entendimento directo co-as xentes d-outras áreas do mundo. Unha propiedade positiva e dinámica, da que o catalán e o vasco non están enteiramente faltosos, mais que sô en pequena proporción lles asiste. E da que mais se pode falar en tempo pasado e presente, que en relación ao futuro.
Tampouco se tuvo, nin se ten en conta, nos cadros da acción central, a diferente dimensión do problema, entre unha e as outras linguas ibéricas. Nin como política de axuda social ao emigrante galego, nin como segundo vieiro na trasega da cultura hispana a un dos teatros maiores da Américas.
O primeiro semella contradecir principios non sempre tan profesados com-a declamados. O segundo pudera encarnar unha forma de empobrecimento cultural ou un trabón ao progreso dos pobos.
Algún día a conciencia d-este mal faráse lúcida, ainda que hoxe non-o sexa onde debera. Na crecente humanización do pensamento universal, a viciosa vexetación dos perxuicios e as tendencias anti-sociaes acabará por murcharse.
Fai falla escomenzar poñendo en destaque, entre os valores que a nosa lingua conserva, a sua capacidade como “meio de comunicación”. Chegóu o intre de cifrar a importancia do idioma – mais que no su orixe e seus servicios á creación literaria ou histórica-, no censo das persóas que valéndose da ferramenta verbal recibida no lar, poden entenderse pol-o ancho mundo. Ao mesmo tempo compre ter en conta a evolución previsible das magnitudes demográficas que veñen avencelladas, na comunidade lingüística, resultante d-un arriscado proceso histórico.
Fragmento de "A evolución tras-continental da lingua galaico-portuguesa"
Editado en "O provir da lingua" Lugo 1968