Castelao na luz e na sombra
16/07/2012
Valentín Paz-Andrade fixo unha “homenaxe constante” a Castelao. Acompañouno en vida e rendiulle tributo despois da morte en forma de prosa, de ensaio e de poesía. Paz-Andrade concibe a biografía do rianxeiro como o último gran proxecto da súa vida e a escribe nun polémico panorama social, político e cultural para Galicia, o comezo da década dos oitenta.
Traspostos máis de trinta anos, coido que xa poderiamos ter perspicuidade e luces para outra descuberta. A que tratase de pór en claro os fenómenos de troco rexistrados na conciencia do país despois do pasamento do líder, ora en canto á cultura e á lingua, ora á conciencia e definición políticas. Se tales mudanzas son en verdade detetables, cal é hoxe o seu signo? De evolución ou de involución? Ou é progresivo nunha orde e regresivo na outra?
Ben se comprende que a materia, por moita cobiza que esperte, non é para ser visada aquí e agora. Reclamaría un tratamento prolixo e autónomo. Ao noso fin mellor cadra rematar deixando unha fiestra á esperanza. Aquela que abrira Curros Enríquez canso colleu a pluma para nos deixar este pensamento:
A morte é ás veces un arsenal onde se arman os pobos para as grandes batallas. Hai instantes nos que recordar vale tanto como triunfar.
Prefacio da biografía Castelao na luz e na sombra