Congreso Valentín Paz-Andrade
08/11/2012
A Real Academia Galega anunciou onte en Pontevedra a celebración do congreso co que culminará o ano Paz-Andrade. O simposio realizarase no Pazo da Cultura de Pontevedra, cidade natal de Valentín e onde coñeceu a figuras moi influentes na súa vida como foi o seu tío Juan Bautista Andrade e o seu incondicional Castelao.
Segundo explicou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o congreso servirá non so para repasar todos os estudos sobre a obra do autor que viron a luz este ano no que se lle adicaron as Letras Galegas, senón tamén para afondar en facetas que se pasaron por alto como a de critico literario de Valle-Inclán ou Guimarães Rosa
Ferrín mostrouse satisfeito do transcurso deste ano Paz-Andrade.”Apagouse a idea de Paz-Andrade so como fundador da empresa Pescanova, non foi un empresario, foi un intelectual ao que lle fixeron caso algúns empresarios". Púidose apreciar a figura poliédrica que significa Valentín Paz-Andrade e que se leva reivindicando desde comezos de ano e que non se deixará de facer neste congreso.
O encontro será inaugurado cunha lección maxistral a cargo do historiador Ramón Villares que afondará na actividade política que desenvolveu Paz-Andrade. Prevese que a conferencia de clausura estará a cargo de Darío Villanueva quen analizará o estudo de Valentín sobre a figura de Valle-Inclán. Entre a larga nómina de ponentes destacan figuras como o escritor Manuel Rivas, o académico Alonso Montero, o economista e político Camilo Nogueira ou o periodista Ánxel Vence.