Galicia acóllese á idea de Paz Andrade de «o país como tarefa»
ABC 24/04/2012
Neste senso, e dada a difícil situación que está vivindo o país en xeral, a cultura necesita «revisar» os códigos económicos e sociais e «iniciar o rexurdimento». Para iso, optou por acollerse á idea de Paz Andrade para que todo o mundo apoie a idea «revolucionaria e imprescindible de Galicia como tarefa», remarcou. «E dígolles, como presidente da Xunta, que é a miña única tarefa», sentenciou ao fío da obra do escritor. O xefe de filas do Partido Popular recordou tamén o traballo que Paz Andrade fixo a prol de Galicia e do idioma, un traballo que nestes «tempos turbulentos» se fai notar, posto que a Comunidade galega estaría «máis insegura» sen as aportacións do escritor. Continúa lendo