Novo enfoque de Guimarães Rosa
08/08/2012
Não têm faltado comentadores e exegetas a obra de João Guimarães Rosa. Pelo que tem de original, de complexo, de monumental, de enciclopédico e de misterioso, tornóu-se ela assunto permanente de pesquisa no Brasil e no estrangeiro.
No entanto, o nosso autor soube encontrar um novo ángulo de abordagem, o da galeguidade de Rosa, que ninguém podía enfrentar melhor do que ele. Na leitura de Grande Sertão: Veredas e dos outros livros rosianos depararan-selhe inumeros elementos que evocaram irresistivelmente a Galicia: suas vozes, seus modos de falar e de sentir, seus costumes, seus ritos e crenças, seus viventes e seus objetos. Encontros tão freqüentes e insistentes que o levaram a empreender uma ampla investigação, não já de influências, mas de identidades.
João Guimarães Rosa, a quem Valentín Paz-Andrade não pôde conhe cer pessoalmente, tería gostado de acompanhar nessa "gloriosa peregrinaçao as fontes", ao seu comentador, a quem apresentamos aquí os parabés afectuosos de um leitor brasileiro.
*Paulo Rónai. Río de Janeiro 1977
Paz-Andrade, Pilar Rodríguez de Prada, Paulo Rónai e Isaac Díaz Pardo.
Sargadelos 1982
O Sertão, aniñador da lingua
Aquele mundo... era outro mundo. Mergullado na súa soedade telúrica, cheo de vida que transcendía a leda, realidade a se trocar en maxia... Partir de unha ou da outra -se non conxugar as dúas, o feito co mito-, dá na mesma. Non sempre, máis sempre que o artista veña macrodotado para a criación épica.
Os elementos nutridores da fábula, o perfil dos persoaxes, tanto humanos cal sub-humáns -os cuadrumanos, o boi, o cabalo, o can, a onza...-, ou extra-humanos -o demo, o lobishome, as cheas, as secas..., eran o manancial vivo, a materia prima do drama que estaba alí, inzando, fervendo, desmedíndose... E tamén os valores xa de antigo criados, predispostos para a recriación literaria: o pouso da tradición oral repristinada, as anédoctas a se revirar en “estorias”, a “casa grade” valeira dos amos a se contar pra bastión da guerra interna...
Como seiva fecunda d-aquel esquecido mundo, había aínda outro elemento dinámico. Había... outra forma de linguaxe. Ou si se quere a mesma lingua funcionando a outro nivel. Había a lingua do sertão. Aquel manancial de formas verbaes que fixeran seu niño na boca dos sertanexos con psicoloxía de mineiros. Formas nin novas nin vellas. Sinxelamente vivas. Con vida no tempo paralela a que mantiñan na lonxicua terra que fora seu berce. E da que aínda poderían recibir unha nova revaluación, cal moedas reacuñadas de beleza expresioal.
O propio autor é quen tal segredo nos descobre. Un segredo para moitos transparente desde o primeiro libro, máis totalmente revelado nos outros que foran a clave da súa gloria:
“Os sertanexos de Minas Gerais, isolados entre as montanas, no imo de un Estado Central, conservador por excelencia, mantiveran cuasi intacto un idioma classico-arcaico, que foi o meu da infancia, e que me seduz. Tomandoo por base, de certo modo instintivamente, tendo a desenvolver as súas tendencias evolutivas, aínda embrionarias, como caminhos que uso”
Non tan embrionarias como semellan. No sertao non afloróu o manancial das palabras, nin cecáis o xeito de as falar. En xeral, non as aportóu ex novo. Recibéunas por transculturación da terra onde viñeron ao mundo, trasegadas por un terceiro povo, que foi o conquistador ultramariño portugués. Da vella entrana da latinidade, refundindo na súa os materiaes recibidos, a Galiza foi o pobo-fonte para Portugal. Para o Brasil foi Portugal o pobo-ponte. Compre engadir que, nas maos d-un taumaturgo da lingua, os elementos asimilados do seu entorno vivencial, non obran sempre como no falar da xente. Pódense tornar de feitío distinto, a traveso do talento do artista, que sempre como artista se comporta.
Despóis de decir as cousas, en termos tan cristaíños o propio autor, puderan terse por desnecesarios testemunhos alleos. Mais compre, pra maor atestación lembrar algún. O que aporta Franklin de Oliveira pode compretar o enfoque. Pasando do léxico a síntaxis, distinque entre a gramatical e outra que chama anímica ou ideolóxica, atribuindo ésta ao noso autor:
“E na matriz mineira de arquetipos lingüísticos que os Sr. G.R. Busca os ingredientes da súa evolución sintáctica, combinando dialécticamente, o dialectal ao arcaico, o residual ao novo, obtendo o miragre vivo de unha lingua, de unha fala, de un estilo que, a pesar de rigurosamente séu non perde os dons da comunicabílidade humana”
E lóxico que nas formas sintácticas, a lei do orixe se teña modificado, en maor medida que nas trasferencias vocabulares. De calquera xeito, non se pode por en dúbida que onde primeiro e maormente a forza expresioal se acugula e na estructura das palabras.
*Fragmento de A galecidade na obra de Guimães Rosa. Ed. do Castro 1978