Unha biografía no tear
17/07/2012
Con Paco Vidales corixindo as provas de "Castelao na luz e na sombra"
Foto de Isaac Díaz Pardo. No Castro, Sada 1982
Vigo, 31, marzo, 1980
Querido Celestino:
Como diría Castelao, por imprudencia temeraria, teño no tear unha biografía do noso inesquecente apóstolo. Cain n-esta tentación ao revisar un traballo antigo, xa moitas veces publicado. Fora e dentro de Galiza, que era Castelao con Pontevedra ao fondo. Púxenme a revisalo e amplial-o un pouco, sin outra intención. O demais sahíu levado pol-o magnetismo da figura. Xa teño feito cecais mais da mitade.
Non teño versión pormenorizada e datada das idas de Castelao a Lugo. Eu acompañeino en todas ou casi todas, e falei con él nos mitins. Tambén falei no xantar que se lle dóu no Méndez Núñez. Conservo o texto do que máis ou menos dixen. Una das veces fomos para falar con un médico de moito prestixio -non me lembro do nome-, casado con unha irmá dos Pimentel, para que fora candidato galeguista nas eleccións a diputados, supoño que no 1931.
Faríasme un gran favor si puderasme fornecer as datas d-aqueles feitos, sobre todo do xantar. Sei que Álvaro lembraba ben todo o que pasóu daquela, mais non quero, pol-o seu estado, irlle con a entrequenencia. Cecais Fole, Emilio Gil e Carlos Pimentel poderían axudarte.
Si houbera algunha outra nova, ainda anecdótica, da relación de Castelao con Lugo, que vos conozades, sería ben que derades noticia. O mesmo digo de forografía sô ou en grupo. Perdóame o encárrego. Penso que é necesario deixar en texto unha imaxe humanamente verdadeira, do que foi o inesquecente mestre.
Nosa lembranza garimosa a tua dona, tan derramadora de simpatía, e a máis arrochada aperta para ti de,
Valentín
Publicado en Epistolario de Ediciós do Castro