Valentín Paz-Andrade, uma antena galega no Brasil
22 de novembro de 2012
O Consello da Cultura Galega inaugurou onte en São Paulo unha mostra titulada “Valentín Paz-Andrade, uma antena galega no Brasil”. A exposición, que pode visitarse na casa museo Guilherme de Almeida, percorre algúns dos momentos clave na traxectoria vital de Paz-Andrade prestando especial atención ao papel de mediador entre a Galiza e o resto da lusofonía que Valentín adoptou dende moi novo.
A reivindicación da obra de Guimarães Rosa ou a amizade que Valentín mantivo con Guilherme de Almeida son algúns temas que se tratarán no coloquio programado para hoxe entre o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz e o empresario e fillo do homenaxeado Alfonso Paz-Andrade.
Podes descargar o catálogo da exposición aquí