Xornada plebiscitaria de 1936
28/06/2012
Castelao, Suárez Picallo, Valentín e xoaquín Pesqueira
Vigo, 25 de xullo de1931
O 28 do San Xoán de 1936 foi para Galiza un día no que as urnas repenicaron a gloria. O pobo, por primeira vez en moitos séculos, sentiuse dono de si. Naquela data, máis que en ningunha outra, abriuse a esperanza de que a sorte colectiva podería mudar de fado. E non por troco ventureiro, senón por libre vontade.
Castelao pasou a xornada en axexo, como sentinela facendo a garda. Desde as oito da mañá ás catro da tarde, pendente da pulsación de papel que rexistraban as urnas.
Rente ás doce foi cando se comezaron a ter indicios promisorios, tanto de que o volume da abstención non chegara ao que se temera, por unha banda, por outra, de que tapouco sería alta a porcentaxe de votos negativos. As dúas premonicións irían confirmándose ao longo da xornada. O mesmo polos datos apañados nos colexios da catital como polos que chegaban de fora, ben do resto da procincia ou das outras suxeitas á mesma proba.
Ao día seguinte, os primeiros recontos foron feitos en cada un dos catro gobernos civís. E na terceira feira, espallados pola prensa diaria. O primeiro dato confortador tiña de ser a porcentaxe de votantes, posta a carón do total censado nas listas electorais. Para o conxunto das catro provincias a media chegara ao 74,52 por cento. Fora superada na da Couruña, pola maior densidade de electorado urbano, até chegar ao 81 por cento. Pontevedra viña despois co 72, Lugo co 71 e Ourense co 70 por cento. O total de electores censados era de 1.343.135 e votaran 1.000.963
Máis satisfacroria fora aínda a superioridade dos votos afirmativos, a minguada densidade dos negarivos e a cativez da cifra de papeletas en branco. Os primeiros chegaron a 993.351, os segundos a 6.181 e os terceiros soamente a pre engadir a abstención, que foi do 25,47 por cento dos votantes. Porcentaxe normal en calquera país democrático, ademais, de significación atenuada en Galiza pola gravitación permanente do subtraendo migratorio
Por esixencia da Constitución, os votos afirmativos terían que superar o 75 por cento dos emitidos. A porcentaxe chegou ao 99,2. Xornada cívica que se lle poida igualar non se rexistrou aínda na historia de Galiza.
Valentín Paz-Andrade Castelao na luz e na sombra
O mesmo día do pleibiscito de 1936, Valentín publicaba en El Pueblo Gallego o artigo Autonomía, fe civil