Índice
Valentín e as aspas do muíño, por Manuel Rivas
A figura de Valentín desfai ese equívoco. Revóltase contra esa trampa nada do soñador e práctico, e romántico, sensato e valeroso a un tempo. Os soños guiaban os feitos, as palabras, os actos. Cada un dos seus pasos estaba tinguido de compromiso. Galicia para el era unha utopía realizable. O Valentín pensador, son fíos e cordas do mesmo trasmallo. O do home mergullado en corpo e alma na súa humanidade e no seu tempo, a cismar sen acougo nun mundo mellor; sen por iso renunciar á viaxe abismal na propia alma.
E todo iso fixoo ben, dun xeito exemplar. A vida como tarefa. Galicia como tarefa. O homo sapiens e o homo faber xunguidos pola vontade. Ao que habería de engadir o home emocional, o home empurrado polos máis nobres sentimentos. Amor, solidaridade, lealtade, valor. As aspas de un muiño fecundo. Levaba dento un Martín codax, un Spinoza, un Keynes, un Azaña, un Castelao. Era un home de abano, de arco da vella.
Se cadra por isto aínda non se fala dabondo de Valentín Paz-Andrade. Porque se andamos as tentas para abranguelo. A súa mensaxe reístese a unha esquela.
“Se traballei arreu, noite e máis día, para garnir esquelas non faría...”
* Publicado en "Valentín Paz-Andrade", Vigo: SIPSA, 1999, pp, 11-12